Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2022 | Actualizada ás 14:12
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, confirmou a introdución da materia de Filosofía no currículo da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) o próximo ano escolar. Así o afirmou nunha entrevista concedida á Radio Galega, na que explicou que a materia será optativa. Actualmente, está a perfilarse a parte autonómica para decidir a partir de que curso se impartirá a materia ós alumnos.
Doutra banda, ratificou o xa avanzado na súa comparecencia parlamentaria do pasado martes acerca de que o contido de Historia de España anterior ao 1812 tamén se unirá á programación da ESO.
RISCO DE INICIAR O CURSO SEN O DECRETO ASINADO
O conselleiro de Educación advirte que o atraso do Ministerio e os constantes cambios nos textos "xerará un caos que porá en risco a organización do curso". Ademáis, defende que as comunidades autónomas necesitan maior tempo para adecuar os seus contidos. Esta cuestión podería durar seis ou sete meses e o curso comezaría sen a aprobación dos decretos.
Así mesmo, Rodríguez denuncia que a publicación da parte estatal dos currículos "confirma a desvalorización da cultura do esforzo". Tamén observa que os reiterados cambios do Goberno na educación xeran unha "tensión" no sistema. Ante isto, o conselleiro afirma que o seu departamento continuará traballando para brindar un sistema educativo "propio e de éxito" en Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.