Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2022 | Actualizada ás 21:08
Esquerda Unida celebrou este sábado en Ferrol un acto de homenaxe ao cámara José Couso ao cumprirse 19 anos do seu asasinato durante a guerra de Iraq. O acto, no que participou a familia do xornalista galego, achegados e veciños, tivo lugar na ferrolá Praza da Paz ás 12,00 horas.
Alí os organizadores celebraron unha ofrenda floral e, tal e como explicaron en redes sociais, esixiron "rexeneración democrática, o cumprimento do acordo de Goberno PSOE-UP (punto 2.12.4) para a recuperación da xustiza universal e que finalmente os culpables sexan xulgados e depurados".
"Como sucede tamén hoxe, as guerras organízanas outros e os mortos ponos os pobos. Os seus intereses económicos son á conta das nosas vidas", denunciaron.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.