Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2022 | Actualizada ás 20:00
Galiza Nova presentou unha campaña sobre saúde mental baixo a lema 'O custo de sobrevivir. A quebra dá saúde mental' co obxectivo de pór no centro do debate político unha cuestión "que tanto preocupa á mocidade".
A organización xuvenil do BNG reclamou que cando se fala de saúde mental é necesario ter en conta o contexto social no que vive actualmente a mocidade e denunciou que as enfermidades psíquicas non poden encaixar como unha cuestión "puramente biomédica".
Nunha nota de prensa, a secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez, sinalou que o impacto da pandemia entre a xente nova é "sistemático, profundo e desproporcionado". Ademais, engadiu que "a situación económica, o desemprego, a perda de ingresos ou a incerteza sobre o futuro" son "factores de risco que incrementan os problemas de saúde mental na mocidade".
Así, a organización pretende denunciar "a situación de precariedade na que vive a mocidade galega", relacionándoa directamente co impacto que ten sobre a saúde mental. A campaña estenderase durante todo o mes de abril e Galiza Nova realizará charlas, coloquios e actividades nas que trasladará a súa visión, as súas demandas e tamén as alternativas políticas que propoñen para mellorar a vida da mocidade galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.