Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2022 | Actualizada ás 16:06
A Policía Autonómica, en colaboración con axentes ambientais, esclareceron un incendio forestal ocorrido o pasado mes de abril no municipio ourensán de Melón e que calcinou case 1.000 metros cadrados de monte raso.
O lume, rexistrado no lugar de Covelo, na parroquia de Quins, orixinouse polo escape dunha queima na que non se salvagardaron as debidas medidas de seguridade. O incendio tivo que ser extinguido por medios da Xunta, que mobilizou un axente e unha motobomba.
As dilixencias instruídas por estes feitos xa foron remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Ribadavia. No que vai de ano, a Policía Autonómica investigou xa a 18 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.