Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2022 | Actualizada ás 18:30
A Xunta porá en marcha a partir desta semana unha oficina itinerante para atender e asesorar aos máis de 1.400 refuxiados ucraínos que chegaron a Galicia tras a invasión rusa. O obxectivo é facilitar a súa integración o máis rápido posible.
Esta iniciativa percorrerá distintos lugares da comunidade e contará cun intérprete e con profesionais de servizos sociais, que darán información e atenderán as dúbidas daqueles refuxiados que o necesiten.
Segundo detallou este domingo a conselleira de Política Social, Fabiola García, facilitaráselles información do ámbito sanitario, educativo, laboral e tamén sobre servizos sociais e axudas que están á súa disposición.
"Queremos darlles información, responder as súas dúbidas e acollelos en Galicia como veciños que son xa dos galegos", reafirmou a conselleira.
Fabiola García visitou este domingo o concello lucense de Portomarín, onde foi nomeada dama da Orde Serenísima da Alquitara da Festa da Augardente da localidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.