Deteñen un home en Agolada acusado de provocar varios incendios

Os axentes da Policía Autonómica xunto coa UIFO, que se encarga do informe técnico dos lumes, esclareceron a autoría de cinco dos incendios e a operación Fénix segue aberta e continúase investigando a autoría dos demais incendios producidos neste municipio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2022 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica e a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural detiveron a un home en Agolada acusado de provocar varios incendios. O presunto autor chegou a ser arrestado en dúas ocasións en dez días.

Diso informou a Vicepresidencia primeira da Xunta nun comunicado, no que explica que axentes do Grupo de Investigacións de Incendios da sede de Santiago de Compostela, xunto con membros da UIFO, resolveron de forma coordinada e conxunta a autoría dos lumes no marco da operación Fénix, iniciada o pasado febreiro ao rexistrarse dous lumes no municipio.

Entre o 5 e o 16 abril producíronse outro cinco incendios e, de feito, no que vai de ano, os axentes do Distrito Forestal XVI Deza-Tabeirós contabilizaron sete incendios intencionados e unha reprodución dun deles, que afectaron a 51,93 hectáreas de monte. A Xunta destacou que a intervención dos seus medios de extinción afectada fose maior.

Así, o 5 de abril arderon 16 hectáreas de monte, dous días despois houbo outros dous incendios que afectaron a 32,8 hectáreas de monte arborado, o 14 de abril arderon outras 1,04 hectáreas noutro lume intencionado, e o 16 de abril produciuse outro intencionado e unha reprodución deste que queimou unhas 2 hectáreas.

Os axentes da Policía Autonómica xunto coa UIFO, que se encarga do informe técnico dos lumes, esclareceron a autoría de cinco dos incendios e a operación Fénix segue aberta e continúase investigando a autoría dos demais incendios producidos neste municipio.

Por unha banda, os axentes observaron varios nexos en común entre o incendio do pasado 5 de abril e os de febreiro e as súas investigacións detectaron que un home con antecedentes como autor de varios lumes nas provincias de Lugo e A Coruña, que xa estivera en prisión en dúas ocasións por feitos similares, trasladouse a vivir a unha aldea de Agolada. Nos dous incendios rexistrados o 7 de abril conseguiron, grazas á colaboración cidadá, situar ao sospeitoso no momento e lugar do inicio polo que procederon á súa detención.

A Vicepresidencia da Xunta indicou que o home recoñeceu na súa declaración a autoría dos lumes cun chisqueiro que posteriormente tirou pola xanela antes de ser interceptado por unha patrulla da Policía Autonómica.

En canto aos incendios do 16 de abril, as indagacións da Policía Autonómica levaron a unha nova detención do presunto autor, volvendo declararse culpable. Neste caso, manifestou que acendeu o lume en catro puntos diferentes cun chisqueiro. As dilixencias sobre todas as actuacións remitíronse en dous ateigados ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous de Lalín.

INCENDIO EN ARZÚA

Por outra banda, a Policía Autonomía e a UIFO esclareceron outro incendio forestal no concello coruñés de Arzúa rexistrado o pasado 5 de abril no lugar de Montelongo, da parroquia de Vilantime, que afectou a 1,12 hectáreas de superficie arboredo.

Os axentes tomaron declaración a unha persoa como presunta autora do incendio, que manifestaron que mentres realizaba unha queima as chamas propagáronse polo monte de forma descontrolada dando aviso ao teléfono 085.

A investigación determinou que o incendio se iniciou nunha das queimas. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Arzúa. No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 19 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Coche da Policía Autonómica
Coche da Policía Autonómica | Fonte: Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 O cidadan

Os Axente Ambientais que forman a UIFO debeno estar facendo moi ben, xa que na nota de prensa observase o nerviosismo da Policía Adscrita. Os Axentes Ambientais non só se encargan de realizar os informes técnicos,como ven din os da UPA, se non que tamén redactan atestados,presentan dilixencias e fan as investigacións de todolos lumes forestais.Non sei porqué non dan esa información. Pero bueno, se eles se sinten mellor...