A patronal eólica ve con bos ollos o "pacto de país" para o sector asinado polo PSdeG, CCOO e UGT

Este acordo avoga por que Galicia sexa "protagonista" na xeración de enerxías renovables co obxectivo de lograr a "independencia enerxética", segundo explicou o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, na presentación, onde avanzou que o acordo está aberto a que se somen entidades políticas e sociais da comunidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2022 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

A patronal eólica, agrupada na Asociación Eólica de Galicia, aplaudiu a proposta lanzada polo PSdeG e os sindicatos CCOO e UGT, entre outros, para articular un "pacto de país" que impulse o desenvolvemento de proxectos eólicos en Galicia.

Nun comunicado, a patronal valora como "moi positivo" os pactos subscrito o pasado 12 de abril entre PSdeG, UGT, Comisións, Unións Agrarias, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur) e a asociación de afectados por parques eólicos Ventonoso.

Este acordo avoga por que Galicia sexa "protagonista" na xeración de enerxías renovables co obxectivo de lograr a "independencia enerxética", segundo explicou o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, na presentación, onde avanzou que o acordo está aberto a que se somen entidades políticas e sociais da comunidade.

"As enerxías renovables son a única solución para descarbonizar a economía, loitar contra o cambio climático, baixar o prezo da luz e crear emprego. E o reloxo corre en contra", sinala EGA, que incide en que "non hai tempo para demorar" a loita contra o cambio climático, unha emerxencia "que só se pode combater co urxente e o máximo desenvolvemento" das renovables.

Así mesmo, incide na importancia da "independencia enerxética" como, segundo recalca EGA, evidenciou o conflito en Ucraína. "Todo o mundo sabe xa que somos reféns do gas ruso, que ademais é a última e máis cara tecnoloxía, así que marca o prezo desmesurado que padecemos", di a patronal eólica.

"Sempre insistimos en que canta máis renovable entra no sistema, máis baixa o prezo da luz. E a eólica pode achegar enerxía competitiva que axude a manter a actividade nas industrias electrointensivas, así como a proxectos de nova creación", remarca.

Eólicos en Paradela
Eólicos en Paradela | Fonte: Cedida - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta