Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 25/04/2022 | Actualizada ás 21:20
Ata o vindeiro 28 de abril os viños da D.O. Valdeorras exhíbense nun stand propio no Salón Gourmets de Madrid. Trátase dun dos escaparates anuais máis relevantes para divulgar alimentos e bebidas de alta gama no que atopar, ademais, dende produtos tradicionais ata novas tendencias no eido alimentario. O evento está orientado exclusivamente a profesionais da gastronomía.
“Para os viños de Valdeorras, supón unha oportunidade estar presentes neste foro en tanto en canto conta coa presenza de diferentes prescritores que poden axudarnos a achegar o noso produto a consumidores finais”, resalta José Luis García Pando, presidente do C.R.D.O. Valdeorras. O máximo responsable do organismo está en Madrid representando á Denominación de Orixe e de cara ao público no espazo expositor do Consello Regulador nesta feira, lugar onde poden degustarse 34 referencias (21 de brancos e 13 de tintos) de 16 adegas da comarca.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.