Por X.M. Fernández | Ourense | 26/04/2022 | Actualizada ás 09:25
Na presentación deste campionato, celebrada o luns 25 de abril en Expourense, participaron o xefe de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o asesor en Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; o presidente da Federación Galega de Hockey, Alberto Estévez; o adestrador de Hockey Tito Piñeiro; e o director deportivo de Expourense, Mario González.
Expourense estase a converter paseniñamente nunha verdadeira Casa do Deporte
O recinto feiral de Expourense volve ser un referente autonómico na celebración de actividades deportivas. Pouco a pouco, e grazas a aposta da administración autonómica, provincial e local, estase a converter paseniñamente nunha verdadeira Casa do Deporte. Despois dunhas semanas de Bádminton vén o Hóckey Sala.
Será un evento que atraerá a Ourense a unha ducia de equipos de toda a comunidade galega achegando ata Expourense a máis de 200 persoas --entre xogadores, técnicos, persoal federativo e público--. "Agardamos que sexa un éxito organizativo e de seguimento, ao igual que o resto de competicións desenvolvidas nestas instalacións", comentan dende a xerencia de Expourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.