O Festival da Luz adiántase a agosto cun cartel encabezado por Ilegales e Mala Rodríguez

As entradas para o evento están xa á venda na web do festival.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2022 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

O Festival da Luz adianta este 2022 as súas datas ao mes de agosto nunha edición que recuperará a normalidade despois de dous anos nos que a pandemia obrigou a optar por un formato reducido. Ilegales, Mala Rodríguez, Heredeiros da Crus, Delaporte e Bala encabezan o primeiro avance do cartel do festival organizado pola artista Luz Casal no seu Boimorto natal e que mantén un ano máis o seu cariz solidario.

Este luns, a cantante galega fixo entrega na Coruña dos 35.000 euros recadados na pasada edición do festival a Cruz Vermella e Fundación Andrea nun acto que tamén serviu de presentación da nova edición. "Queremos que esta nova edición sexa unha gran verbena na que poder volver reunirnos cos nosos seres queridos e celebrar a solidariedade, a música, a gastronomía, o mercado", sinalou Luz Casal.

DO 26 AO 28 DE AGOSTO

O certame regresa ao seu formato multitudinario os días 26, 27 e 28 de agosto, semanas antes do habitual durante as primeiras edicións dun festival que cumpre xa unha década de historia. A primeira rolda de confirmacións está encabezada por Ilegales, Mala Rodriguez, Heredeiros da Crus, Delaporte, Bala, BMA, Rock con Ñ, Fon Román e Mueveloreina.

Tamén estarán en Boimorto a banda Os Estanques, Kumbia Queers, Colectivo da Silva, Sexy Zebras, A Banda da Balbina, Desvariados, The Rapants, Polock, Yoly Saa, Biribirlocke, Mileth, Santiaguiños de Boimorto, Os Piñeiros e Lemot. As entradas para o evento están xa á venda na web do festival.

Luz Casal na presentación do Festival da Luz 2022. FESTIVAL DA LUZ
Luz Casal na presentación do Festival da Luz 2022. FESTIVAL DA LUZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta