O parque de Valdecorvos, en Pontevedra, estrea sendas e áreas de descanso

O Concello de Pontevedra puxo fin ás obras de mellora e rehabilitación destes últimos meses.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2022 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

O parque de Valdecorvos, na provincia de Pontevedra, xa ten unha nova face. As obras de mellora e rehabilitación integral que o Concello executou durante estes últimos meses remataron este martes coa visita do concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, acompañado de veciñanza da zona e do xefe do Servizo de Parques e Xardíns, Manuel Fontán.

Parque de Valdecorvos rehabilitado
Parque de Valdecorvos rehabilitado | Fonte: Concello de Pontevedra

As intervencións supuxeron un investimento global de case 40.000 euros e contemplaron o arranxo e reposición de todos os elementos de madeira existentes na súa rede de sendeiros, coa reparación de varios bancos, da pasarela principal que atravesa o regato e das principais escaleiras, tanto as que comunican o parque coa rúa Novo Prado como as que o conectan coa avenida de Lugo.

 

O Concello tamén restaurou unha pasarela elevada máis ampla, a que conecta o parque de Valdecorvos coa zona do Costado (ao norte). Tal e como indicou Iván Puentes, "as obras permitiron, ademais, renovar a totalidade das sendas e aplicar un pavimento especial nas zonas de maior pendente coa finalidade de eliminar os problemas que xeran as escorrentías".

"Na zona na que se atopa a carballeira", apuntou o edil do PSOE, "incorporáronse un banco e unha mesacoa finalidade de convertela nunha área de descanso e referencia dentro do parque e de consolidala como miradoiro". As obras de rehabilitación en pontes, pasarelas, escaleiras e outros elementos de madeira supuxo un investimento duns 17.000 euros, a mellora da pavimentación doutros 17.000 euros e a instalación de novo mobiliario duns 3.000 euros, polo que o orzamento global deste conxunto de actuacións se situou nos 37.000 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta