Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2022 | Actualizada ás 13:01
Os falecementos de residentes de centros de maiores con Covid-19 confirmado por Proba Diagnóstica de Infección Activa (PDIA) desde o inicio da pandemia o 14 de marzo de 2020 ata o pasado 24 de abril de 2022 ascenden a 856, tras rexistrarse outro seis.
Así se reflicte no último informe actualizado polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) con datos ata o 24 de abril, no que se recolle que en España morreron en centros de maiores nese período 22.652, dos cales 856 corresponden a Galicia, seis deles entre o 18 e 24 de abril de 69 en todo o país.
En total, na semana do 18 ao 24 de abril de 2022 rexistráronse seis mortos no conxunto da Comunidade galega en residencias, todos eles de novo en centros de maiores.
Desde o 14 de marzo de 2020 ata o 24 de abril --as comunidades autónomas remiten ao Imserso datos sobre a situación dos centros residenciais do seu territorio, tanto de maiores, como para persoas con discapacidade e outros aloxamentos permanentes de servizos sociais dirixidos aos colectivos anteriores--, en España faleceron con Covid en centros de maiores 22.652 usuarios, 69 deles na semana do 18 ao 24 de abril.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.