Rapaces e rapazas de Arzúa 'arqueólogos por un día'

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza esta primeira semana de maio unha interesante actividade divulgativa para o alumnado que os introducirá por unhas horas na ciencia da arqueoloxía.

Por Galicia Confidencial | Arzúa | 04/05/2022 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

'Arqueocampo' trátase dunha actividade de divulgación cientíca dirixida ao público escolar que permite ás e aos participantes converterse en arqueólogos por unhas horas a través dunha simulación do traballo que desenvolve o Instituto de Ciencias do Patrimonio.

Primeira sesión de 'Arqueocampo' no Multiusos Terra do Queico. Foto: Prensa Concello de Arzúa
Primeira sesión de 'Arqueocampo' no Multiusos Terra do Queico. Foto: Prensa Concello de Arzúa

Esta acción permite vivenciar todas as fases da cadea de traballo arqueolóxico, permitindo realizar unha investigación a través de actividades prácticas e dinámicas e seguindo unha metodoloxía arqueolóxica. Os pequenos e as pequenas coñecerán de primeira man o traballo de escavación, a manipulación de materiais e a experimentación de procesos científicos.

A actividade comezou o pasado luns, 2 de maio, no Multiusos Terra do Queixo, espazo que acolle en horario lectivo un total de 20 grupos durante toda a semana. Nesta iniciativa participa o alumnado de 4º de Primaria a 2º da ESO do CEIP de Arzúa, IES de Arzúa e Colexio Nosa. Sra. do Rosario.

EXPERTOS NA MATERIA

A actividade conta coa guía de monitores e arqueólogos expertos e empréganse as ferramentas e os procedementos propios dunha escavación real (paletíns, cubos, vasoiras, etc.). Seguindo a metodoloxía arqueolóxica rexístranse as estruturas, fotográfanse pezas e mostras, recóllense e clasifícanse en bolsas co seu correspondente código, etc.

Os pequenos e pequenas coñecendo as fases do traballo arqueolóxico. Foto: Prensa Concello de Arzúa
Os pequenos e pequenas coñecendo as fases do traballo arqueolóxico. Foto: Prensa Concello de Arzúa

A Concelleira de Cultura e Educación do Concello de Arzúa, Aurora Varela, confía no “éxito dunha actividade que achega a ciencia e a arqueoloxía ás novas xeracións noutra iniciativa máis do Concello en colaboración cos centros educativos da vila”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta