A masturbación pode axudar a durmir mellor e liberar estrés, segundo unha enquisa

O mesmo estudo conclúe que as mulleres habituais do onanismo son "máis felices" na parella.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Agora que a Igrexa Católica xa non detenta o faro moral de Occidente, cada vez está máis normalizado o feito do onanismo, ou, tirando un pouco menos do diccionario, masturbarse. Tanto que o vindeiro 7 de maio é o Día Mundial da Masturbación --non fagan plans--, unha práctica que conta mesmo con estudos máis ou menos científicos sobre os beneficios e prexuízos do mesmo. Imos alá.

Imaxe ilustrativa de masturbación
Imaxe ilustrativa de masturbación | Fonte: Pixabay- RJA1988

 

A páxina web Gleeden, afincanda dos EE.UU., desenvolveu unha enquisa online a máis de 15.000 sobre os seus hábitos onanistas. Estes pioneiros da autarquía sexual aseguran que a a masturbación axuda a coñecerse mellor  sexualmente e a gozar máis do sexo á maioría de persoas. E ollo, porque parece ser que, segundo algún experto, as mulleres que se  masturban teñen relacións de parella "máis felices" comparadas coas que non o fan.

 

Ademais está a vantaxe de reducir o estrés, liberar a tensión e mellorar a calidade do soño, razóns pola cal esta web conclúe directamente que a masturbación "xoga un papel chave no desenvolvemento sexual saudable". E é así porque case o 80% dos enquisado afirma que  a  masturbación complementa as súas relacións sexuais en parella, mentres que un 11% sostén que mesmo as mellora. Queda para dúbida a calidade das propias relacións sexuais de tales parellas...

 

En calquera caso, só un 7% dos enquisados sostén que a masturbación diminúe as súas relacións da parella. Aínda así, o 69% das persoas enquisadas prefire a  masturbación en soidade a facelo co seu acompañante sexual… Tamén é destacable que o 45% alcanza máis e mellores orgasmos coa masturbación.

 

Será que da práctica vén a mestría, porque máis da metade dos enquisados dálle ao tema varias veces á semana, e ata un 27% afirma facelo a diario. Unha de cada tres persoas sosteñen tamén que os axuda a desestresarse --vese que a solución ao ritmo imparable do modelo económico mercantil está, nunca mellor dito, nun mesmo--. Para concluír esta curiosa travesía, só 16% afirma practicar a autosexualidade na ducha. Será que gas e gasoil están cada vez máis caros... 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta