Dous cabalos mortos nun accidente cun turismo en Padrón

O 112 recibiu varios avisos da presenza dos animais na estrada.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/05/2022 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

Un vehículo chocou contra dous cabalos que invadiron a estrada no tramo entre a AG-11 e a AP-9, sentido Santiago, ao seu paso polo concello coruñés de Padrón. A colisión provocou a morte dos animais.

Cabalos soltos nunha estrada
Cabalos soltos nunha estrada | Fonte: unpocosobrecaballos.blogspot.com

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi o particular quen informou do accidente sobre as 5,30 horas da madrugada e explicou que atropelara a un cabalo. Ademais, o condutor aseguraba que se atopaba en bo estado pero que descoñecía o paradoiro dos animais.

Minutos antes, o 112 xa recibira o aviso doutro particular que informaba da presenza dun grupo de cabalos na mesma zona.

De feito, sobre as 6,00 horas, outro alertante, esta vez motorista, pediu axuda tras caer do seu vehículo ao tratar de desviar un cabalo cando circulaba pola N-550A, ao seu paso pola parroquia padronesa de Iria Flavia.

Para realizar a limpeza da vía e restablecer as condicións de seguridade, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia avisou aos membros do GES de Padrón, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e ao servizo de mantemento das estradas.mAdemais, pediuse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta