Rafa Domínguez, reelixido presidente do PP local de Pontevedra co 97,3% dos votos

Estivo arroupado por Alberto Núñez Feijóo, Mariano Rajoy e Alfonso Rueda.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 07/05/2022 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

Rafa Domínguez foi reelixido este sábado como presidente do PP local de Pontevedra co 97,3% dos votos e revalida así o seu cargo á fronte do PP pontevedrés.

XIII Congreso do PP local de Pontevedra.
XIII Congreso do PP local de Pontevedra. | Fonte: Bea Ciscar - Europa Press.

Arroupado polo líder do PP nacional, Alberto Núñez Feijóo, o expresidente do Goberno Mariano Rajoy, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, e a deputada popular Ana Pastor, entre outros, Rafa Domínguez agradeceu o seu apoio e reivindicouse como "un alcalde que escoita". "Non quero se un alcalde pechado no meu despacho, quero ser o alcalde que escoita a todos", subliñou.

Domínguez concorrerá de novo ás eleccións municipais na cidade do Lérez en 2023, despois de conseguir nove escanos nos comicios de 2019, por detrás do nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta