O corpo da galega falecida nunha explosión na Habana repatriarase "o máis pronto posible"

Será "en canto rematen os trámites", din fontes diplomáticas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/05/2022 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

O corpo da moza galega falecida na explosión do pasado venres no Hotel Saratoga da Habana (Cuba) será trasladado de volta a Galicia "o máis pronto posible", segundo informaron fontes diplomáticas.

Explosión no Hotel Saratoga, na Habana (Cuba) captada cun móbil.
Explosión no Hotel Saratoga, na Habana (Cuba) captada cun móbil.

Estas fontes explicaron que os restos da muller serán trasladados "en canto rematen os trámites" e destacou o labor do persoal diplomático destinado en Cuba que está a facilitar as xestións tanto coa familia da vítima como coas autoridades cubanas.

A muller, orixinaria de Viveiro, faleceu debido a unha explosión accidental ocorrida neste hotel do centro da capital cubana que provocou a morte doutras 26 persoas, segundo o último balance oficial do Ministerio de Saúde Pública cubano.

Ademais contabilizáronse 81 persoas feridas, das que 37 continúan hospitalizadas, incluído outro turista galego en estado é grave, parella da moza falecida. Outros 17 pacientes recibiron a alta médica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta