Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2022 | Actualizada ás 13:03
As reducións nos módulos no réxime agrario do IRPF do ano 2021 poden supor unha minoración da base impoñible duns 31 millóns de euros para máis de 55.000 gandeiros e viticultores galegos. En Galicia, o efecto das reducións establecidas a escala estatal é alto por tratarse de producións importantes dentro do seu ámbito territorial. Beneficia principalmente ao sector vitivinícola e aos produtores de todos os sectores gandeiros (bovino, porcino, ovino, caprino, apicultura, avicultura, cunicultura e equinos).
A esta medida súmase a redución do 20% do rendemento neto para todo o sector agrario aprobada en marzo polo Consello de Ministros para paliar os efectos da seca e o incremento dos custos de produción. O conxunto de todas estas medidas pode supor para Galicia unha redución da base impoñible estimada en 31 millóns de euros. Uns 11 millóns de euros correspóndense coas reducións de índices das actividades agrarias mencionadas, mentres que outros 20 millóns de euros serían pola redución extra do 20% do rendemento para facer fronte á seca. Algo máis de 55.000 agricultores e gandeiros galegos resultaron beneficiados en 2019 polo réxime de estimación obxectiva agraria, segundo datos do Ministerio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.