Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2022 | Actualizada ás 20:40
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) instou ao novo conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, a abordar "canto antes" a reforma das competencias e o financiamiento dos concellos "como comprometera o expresidente Núñez Feijóo".
En declaracións a Europa Press, o presidente da Fegamp, Alberto Varela, sinalou que se trata de "un asunto importantísimo e urxente" porque asegura que os concellos "fan auténticos xogos malabares" para levar a cabo "as competencias alleas".
Neste sentido, censurou que nestes momentos as administracións locais asumen a maiores das súas propias funcións outras competencias cun financiamiento "probadamente insuficiente".
En todo caso, Alberto Varela mostrou a súa "máxima colaboración" con Diego Calvo e asegurou que a Fegamp esperará a observar a súa xestión para realizar "valoracións fundamentadas".
Diego Calvo foi a única 'fichaxe' de Alfonso Rueda no novo Executivo anunciado este domingo. O coruñés será o titular da Vicepresidencia segunda e da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. En termos globais, 'herda' as funcións que tiña ata agora Roda (aínda que el como vicepresidente primeiro). Pero o novo mandatario retíralle Turismo, que se reserva en Presidencia, e entrégalle a área de Deportes, que figura no nome do departamento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.