Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/05/2022 | Actualizada ás 11:27
O Concello da Coruña acondicionará desde este luns a praia de Riazor para a tempada de verán. Ao longo da xornada chegará ata o areal a maquinaria precisa para os labores de eliminación da duna.
Este montículo de area instálase cada ano na praia herculina para protexer o Paseo Marítimo das inclemencias meteorolóxicas do mar durante os meses de outono e inverno. Coa chegada do bo tempo, o goberno local aplana a zona para o uso e gozo deste espazo. Os labores prolongaranse durante os próximos días, en función das mareas e a climatoloxía.
A concellaría de Medio Ambiente constata que esta foi unha tempada invernal sen apenas incidencias no mar. "Non foi necesario actuar integramente sobre a duna e só houbo que intervir parcialmente en dúas ocasións para reforzar a estrutura de area para as xornadas de temporal", segundo informou nun comunicado.
A praia de Riazor e o resto de areais da Coruña prepáranse xa para a tempada de verán que comezará o próximo 15 de xuño. A semana pasada anunciouse que as cinco praias urbanas manteñen un ano máis a bandeira azul, feito que constata a calidade das augas de baño e dos servizos dos areais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.