Temas: MILDIO VIñEDO

Aviso fitosanitario por avance do mildio nas viñas

Prevese un avance polas condicións meteorolóxicas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/05/2022 | Actualizada ás 16:22

Comparte esta noticia

A estación fitopatolóxica Areeiro, centro que depende da Deputación de Pontevedra, lanzou un novo aviso fitosanitario que se centra no estado das viñas, nas que se produciu un avance significativo da fenoloxía das vides e nas que se prevé un avance do mildio.

Mildio nas viñas
Mildio nas viñas | Fonte: Deputación de Pontevedra.

O aviso da estación tamén fai referencia a outros patóxenos da viña, como o black rot, do que esta semana se apreciou unha maior incidencia. Ademais, refírese a todas cuestións como a necesidade de protexer o kiwi da bacteriose ou de aplicar tratamento nas maceiras para evitar danos por moteado.

No que respecta ao mildio, atopáronse manchas novas e tamén os primeiros acios afectados, aínda que os síntomas non son alarmantes.

Doutra banda, as previsións meteorolóxicas son favorables á enfermidade, polo que a estación aconsella revisar as viñas e renovar os tratamentos se se detecta a aparición de síntomas recentes, agás naquelas viñas que xa se fixo.

A estación fitosanitaria lembra a importancia de facilitar a aireación nas viñas para poder conter as infeccións do mildio e naquelas que caese sarabia estes días deberase renovar o tratamento con produtos que conteñan unha materia activa con efecto fronte á botritis.

Temas: MILDIO VIñEDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta