A Deputación de Ourense estabilizará máis de oitenta prazas de emprego temporal

A normativa obriga a ter aprobada antes do 1 de xuño a oferta, polo que a deputación "está en vías de cumprila".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2022 | Actualizada ás 21:24

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense convocará unha oferta de emprego púlbico extraordinaria para estabilizar o emprego temporal --atendendo á lei 20/21, de medidas urxentes--, que abarcará 84 prazas. "Esta lei persegue reducir a temporalidade nas administracións públicas, o seu obxectivo é situala nun 8 por cento", explicou o vicepresidente terceiro da Deputación e responsable da área de Persoal, Plácido Álvarez.

A normativa obriga a ter aprobada antes do 1 de xuño a oferta, polo que a deputación "está en vías de cumprila". Todos os procesos selectivos teñen que estar concluídos a finais de 2024. Sobre o deseño da oferta de emprego público extraordinaria, o 22 de abril lanzouse unha propueta inicial e o 4 de maio unha addenda para incorporar unha serie de prazas aos procesos de estabilización no relativo ao persoal procedente do Concello dos Blancos, no que a deputación se subrogó como empregador do persoal laboral municipal adscrito aos servizos de pavimentación de vías públicas e de abastecemento domiciliario de auga potable e depuración.

En concreto, o proceso consolidará 32 prazas de chofer-operario de lixo; 17 prazas de operario de lixo; nove prazos de bombeiro-condutor; catro prazas de peón de mantemento; tres prazas de operario de canceira; dúas prazas de porteiros; dúas prazas de limpador; e unha praza de albanel, auxiliar de oficina, auxiliar de recollida de animais abandonados, chofer especialista, mecánico, operario, profesor de canto e pandeireta, mestre de percusión, peón de xardinaría, coordinador de servizo de pavimentación de vías públicas e acceso a vías de comunicación, capataz de servizo de pavimentación e tractorista do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable e depuración.

GERES-XURÉS

Doutra banda, a Deputación de Ourense liderará a representación dos concellos ourensáns que participarán na Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza dos territorios da Reserva da Biosfera Geres-Xurés.

Trátase dunha entidade de nova creación, que espera que estea constituída antes de finais de ano e que terá, entre os seus principais obxectivos, "a captación de fondos europeos para a dinamización deste espazo nos máis diversos ámbitos", en palabras do viceprsidente segundo da Deputación, César Fernández.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, en rolda de prensa este mércores. ALBERTE PAZ
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, en rolda de prensa este mércores. ALBERTE PAZ | Fonte: DEPUTACIÓN DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta