Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2022 | Actualizada ás 20:30
Os proxectos de parques eólicos seguen afectando o territorio a pesar da moratoria da Xunta de Galicia. De feito, a coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 180 entidades e plataformas de todo o país, vén de anunciar a convocatoria dunha gran manifetación para o vindeiro 5 de xuño, Día do Medio Ambiente, baixo o lema “Temos Alternativa!”.
Xusto un día despois, o 6 de xuño, remata o prazo de presentación de alegacións do parque eólico Lamas de Feás, situado nos concellos de Baltar, Os Blancos e Calvos de Randín, na provincia de Ourense. Promovido por Greenalia, trátase dun parque eólico que, de saír adiante, estará conformado por sete aeroxeradores con potencia unitaria de 6.000 kVA do fabricante Siemens, e cunha altura de buxa de 127,5 metros.
Ademais, os aeroxeradores virían acompañados dunha subestación eléctrica e dunha rede eléctrica soterrada a 30 kv, interconectada entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación receptora do parque eólico (SET). A asociación Petón do Lobo pon a disposición da cidadanía este modelo de alegación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.