Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 27/05/2022 | Actualizada ás 11:21
A xunta de Goberno Local de Ourense aprobou o expediente de contratación da iluminación do Nadal para a tempada 2022-23, ao que se destinará unha dotación de 599.000 euros (uns 200.000 euros máis que en exercicios anteriores).
Segundo informaron fontes municipais, o contrato inclúe a iluminación de rúas e prazas da cidade, co obxectivo de "chegar a máis espazos que nunca, e aumentar de forma importante o número de elementos ornamentais e a súa espectacularidade".
O Concello pretende aproveitar a chegada do AVE e o atractivo da iluminación do Nadal para conseguir que Ourense sexa un "potente destino turístico" durante esas datas. Ademais, xa hai día fixado para o aceso das luces: o venres 2 de decembro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.