Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2022 | Actualizada ás 19:55
As familias dos mariñeiros que perderon a vida no naufraxio da 'Vila de Pitanxo' en augas de Terranova, en Canadá, avanzan na presentación formal das querelas criminais que anunciaran contra o patrón e o seu sobriño, así contra a armadora, Grupo Nores de Marín.
A portavoz dos afectados, María José de Pazo, ratificou que as primeiras querelas presentáronse o pasado venres e durante esta semana rexistraranse as que faltan, tendo en conta que, segundo explicou, hai familias que tiveron problemas cos poderes.
A acción xudicial xa fora dada a coñecer o pasado sábado, tras a reunión que mantiveron co presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
En concreto, avanzouse a personación "dun gran bloque delas" ante a Audiencia Nacional cunha querela criminal contra o patrón do Pitanxo, o seu sobriño --os dous sobreviventes--, e a armadora, o grupo Nores por 21 presuntos delitos de homicidio por imprudencia, delitos graves contra a saúde dos traballadores, falsidade documental e encubrimento.
"CREMOS NA XUSTIZA"
"Cremos na xustiza, no que investiga a Garda Civil, en que se está levando todo a cabo de forma rigorosa", destacou entón a portavoz.
Non en balde, argumentou que interpoñen a querela guiados por "expertos técnicos altamente cualificados" que "de forma altruísta colaboran" con eles e que conclúen "con unanimidade que hai responsabilidade criminal".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.