Morre afogado un home de 57 anos na piscina dun cámping do Grove

Un home de 57 anos faleceu na tarde deste xoves cando se atopaba na piscina dun cámping do municipio pontevedrés do Grove.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/06/2022 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

Un home de 57 anos faleceu na tarde deste xoves cando se atopaba na piscina dun cámping do concello pontevedrés do Grove. O suceso tivo lugar ao redor das 16,20 horas no cámping situado na parroquia de San Vicente do Mar, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia.

Piscina
Piscina | Fonte: Europa Press.

Ata o lugar mobilizouse un helicóptero de Urxencias Sanitarias 061, cuxos profesionais atenderon a vítima fóra da auga para practicarlle exercicios de reanimación.

A pesar dos esforzos dos profesionais sanitarios, o home faleceu por mor dun afogamento, segundo apunta o 112.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta