Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/06/2022 | Actualizada ás 10:06
Axentes da Garda Civil de Verín sorprenderon a un condutor portugués con 2.172 gramos de droga no vehículo na estrada N-532 onde, ao ver aos efectivos, guindou a sustancia estupefaciente polo portelo.
Segundo informou o Instituto Armado, a Garda Civil de Tráfico de Verín o pasado día 3 de xuño, cando realizaba labores propios da súa especialidade, parou un vehículo que "resultou sospeitoso aos axentes, polas manobras que realizou ao avistar o control".
"O condutor do vehículo non se detivo e emprendeu a fuxida a gran velocidade en dirección Portugal", destacan as mesmas fontes, polo que a Garda Civil realizou un seguimento e puido observar que "ía arroxando diversos paquetes polo portelo", que resultou ser droga.
O vehículo entrou na localidade de Vilarelho da Raia de Chaves (Portugal), polo que tal e como establece o protocolo Schengen para actuacións deste tipo, solicitouse apoio ás forzas policiais do país veciño.
Deste xeito, personouse unha patrulla da Garda Nacional Republicana lusa, que detivo ao condutor do vehículo, un veciño de Verín de 66 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas e un delito contra a seguridade viaria, ao non estar en posesión de permiso para conducir.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.