O incendio en Finsa non deixa danos persoais nin materiais relevantes na empresa situada en Santiago

A cheminea da fábrica de Finsa en Santiago viuse afectada durante esta madrugada por un incendio que mobilizou aos bombeiros de Santiago durante tres horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2022 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

A cheminea da fábrica de Finsa en Santiago viuse afectada durante esta madrugada por un incendio que mobilizou aos bombeiros de Santiago durante tres horas.

Así, segundo informaron fontes dos Bombeiros a Europa Press, o lume iniciouse ao redor das 4,00 horas e afectou á cheminea de limpeza de gases. Dado que o risco principal era que colapsase a estrutura e, "sabendo que xa cortaran a subministración de gases", os bombeiros decidiron esperar a que se consumise o combustible e que fose arrefriando en por si para reducir riscos.

Finalmente non foi necesario intervir directamente no foco das chamas, que quedaron limitadas ao interior da cheminea. Esta foi a única parte que se viu afectada o incendio.

O equipo de bombeiros volveu á base ao redor das 7,00 horas, dado que os servizos da propia empresa xa se podían facer cargo da situación, "que xa estaba controlada".

Fábrica De Finsa (A Coruña)
Fábrica De Finsa (A Coruña)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta