Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2022 | Actualizada ás 12:24
Pontevedra está a acometer nestes días unha plantación masiva de flores en diversas zonas verdes, prazas, rúas e rotondas para que a cidade reciba o verán cunha exaltación de cores.
Deste xeito, o Servizo Municipal de Parques e Xardíns sementou de chamativos arranxos florais espazos como a Praza de Barcelos, os xardíns de Marescot, os maceteiros de Benito Corbal e as glorietas de 12 de Novembro con Loureiro Crespo e a do entronque de Paseo de Colón coa Alameda e Raíña Vitoria.
Tal e como apunta o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, "con esta intervención pretendemos engalanar Pontevedra cunha plantación de 5.000 flores e plantas". Nesta intervención para enfeitar os xardíns participaron varias empresas da contorna, así como a brigada municipal de Parques e Xardíns, cun investimento global que supera os 12.000 euros.
Os traballos seguirán adiante noutros puntos da cidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.