Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/06/2022 | Actualizada ás 18:47
A Red de Administración Local, Red Localis, advertiu aos municipios de Galicia acerca da baixa recadación do Imposto de Bens Inmobles (IBI) respecto ao resto de España. Ante isto, a organización recomendou unha actualización do catastro urbano galego para unha "maior aproximación aos valores reais".
Esta modernización do censo urbano é necesaria, defenden, porque unicamente un 4% dos concellos de Galicia revisaron o catastro entre 2017 e 2020. Ao contrario, o intervalo con maior verificación do espazo urbano foi entre 1984 e 2001, cun 53%.
Estes datos implican que moitas localidades galegas, sobre todo as que contan con menos habitantes, non xeren os ingresos que corresponden polo valor actual do chan e os inmobles. É dicir, unha revisión catastral implicaría un aumento do custo do terreo que, á súa vez, outorgaría maior ganancia pola uba do IBI aos concellos galegos.
Un exemplo desta situación son as porcentaxes das poboacións galegas en relación aos ingresos non financeiros. O IBI de Galicia (24%) é inferior á media estatal que chega ao 29%. Pola súa banda, o Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) e o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) si teñen unha capacidade recadatoria en Galicia similar en comparación ao resto de España.
Por último, remarcan a "necesidade" de realizar cambios na fiscalidade local. Esta renovación "exploraría outras vías, como pode ser gravar a renda individual e a actividade económica".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.