Por Europa Press / Redacción | Ourense | 18/06/2022 | Actualizada ás 15:14
O incendio forestal rexistrado o pasado xoves na parroquia de Freixido, no concello ourensán de Larouco, quedou extinguido este sábado ás 12,55 horas, segundo confirmou a Consellería do Medio Rural. O lume calcinou un total de 146,42 hectáreas, das cales 70 foron de arboredo e o resto de monte raso.
Na súa extinción, participaron 21 axentes, 38 brigadas, 27 motobombas, dúas pas, dúas unidades técnicas de apoio, cinco helicópteros e dous avións.
Por outra banda, permanece activo un incendio no concello ourensán de Vilariño de Conso, na parroquia de Pradoalbar, que afecta o parque natural do Invernadoiro.
Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 10 hectáreas. Desde que se iniciou este incendio, ás 20,08 horas deste venres, traballan no seu control dous axentes, cinco brigadas, unha motobomba, tres helicópteros e dous avións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.