Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2022 | Actualizada ás 19:34
A Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid acollerá ata o 24 de xullo a mostra 'Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires 1950-1970)', unha exposición itinerante organizada en colaboración coa Xunta que constituirá, con 40 pezas, a maior mostra realizada do pintor galego en Madrid.
O conselleiro de cultura, Román Rodríguez, e o director da Real Academia de Belas Artes, Tomás Marco, foron os encargados de inaugurar esta mostra, enmarcada nas actividades do Ano Laxeiro e que recala nunha institución da que o propio pintor foi alumno na súa mocidade.
Tras unha primeira estancia na localidade natal de Laxeiro, no Museo Ramón María Aller de Lalín, a exposición sae de Galicia ata Madrid, onde iniciará un periplo que a levará tamén a París e de regreso a Galicia, onde estará na Cidade da Cultura entre o 29 de setembro e o 18 de decembro.
Durante a inauguración, Román Rodríguez, fixo fincapé no recoñecemento que supón a estancia" desta exposición nesta institución, da que agradeceu a súa "implicación" e "acollida entusiasta" da obra de Laxeiro.
Pola súa banda, Tomás Marco destacou a "xusta reivindicación dunha figura imprescindible da arte contemporánea, cuxa fortuna crítica foi menor á doutros nomes propios da vangarda galega, pero non menos relevante pola súa conexión con algunhas das formulacións estéticas máis influentes do século XX".
40 OBRAS DA SÚA ESTANCIA EN AMÉRICA
A exposición reúne 40 pezas procedentes de coleccionistas privados e diversas institucións e museos. As obras seleccionáronse pola súa pertenza ás dúas décadas nas que Laxeiro se instalou en Buenos Aires. "Foi a súa etapa de madurez, cunha notable evolución formal na súa pintura, condicionada polo contacto cun mundo cosmopolita e co ambiente intelectual galego da capital arxentina", destaca Carlos L. Bernárdez, o comisario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.