Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/07/2022 | Actualizada ás 21:30
Un raio provocou un incendio forestal na parroquia de Feces de Cima, no municipio ourensán de Verín.
O lume, segundo confirmou a Europa Press a Consellería de Medio Rural, iniciouse ás 20,07 horas, nunha xornada na que había aviso de treboadas nesa zona ourensá.
Para apagar o incendio, que afectou como mínimo a 600 metros cadrados de superficie arboredo, acudiron un axente, unha brigada e unha motobomba.
Pola súa banda, quedou estabilizado ás 19,42 horas o lume forestal declarado en Viana do Bolo, na parroquia de Pexeiros, ás 17,18 horas.
Para controlar e apagar o incendio, traballan tres axentes, sete brigadas, catro motobombas, dous avións e cinco helicópteros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.