Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2022 | Actualizada ás 20:00
As piscinas de Sar, en Santiago de Compostela, estrearon as súas remodeladas instalacións, que dotaron o complexo dunha cuberta telescópica que permitirá que estea dispón durante todo o ano sen importar a meteoroloxía.
As instalacións foron inauguradas este mércores polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, quen visitou as piscinas xunto a unha delegación da corporación municipal. Así, as piscinas do Multiusos Fontes do Sar dispoñen agora dunha cuberta telescópica, dotada con motores para retirar ou colocar a estrutura en función das condicións meteorolóxicas.
A actuación no complexo supuxo un investimento de máis de 1 millón de euros e tamén permitiu a instalación dun baño turco e dunha sauna no complexo deportivo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.