Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2022 | Actualizada ás 17:38
A Consellería do Medio Rural deu por extinguido o incendio declarado á primeira hora da tarde deste xoves na parroquia de Requiás do municipio de Muíños e que queimou menos dunha hectárea, en concreto, 0,14 hectáreas, do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
O lume iniciouse ás 16,30 horas e quedou estabilizado media hora máis tarde. Os servizos anti incendios deron por extinguidas as chamas ás 17,30 horas.
Segundo as estimacións facilitadas pola Xunta, o lume afectou a unha superficie de 0,14 hectáreas. Nas tarefas participaron un axente, tres brigadas e unha motobomba.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.