Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 10/07/2022 | Actualizada ás 01:34
O acto de entrega de Premios da XXIII Cata Oficial da Feira dos Viños de Valdeorras, celebrado en Vilamartín o pasado 8 de xullo, estivo presidido polo conselleiro do Medio Rural, José González.
O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, sinalou na súa quenda de intervención que todas as adegas con referencias no certame deben considerarse gañadoras. “Sacar adiante unha añada debe ser visto xa como un éxito, un éxito que é --como todo o que ten que ver co ciclo da vide-- na súa meirande parte colectivo”.
PREMIOS
As 20 adegas participantes presentaron a concurso un total de 42 referencias distintas (22 brancas e 20 tintas). Estes foron os resultados do certame:
Viños brancos
1º Premio- Guitián Godello Lías de Bodega A Tapada.
2º Premio- Joaquín Rebolledo Godello de Bodega Joaquín Rebolledo.
3º Premio- Lagar do Cigur Godello de Adega Melillas e Fillos.
Viños tintos
1º Premio- Lagar do Cigur Mencía de Adega Melillas e Fillos
2º Premio- Viñaredo Mencía de Bodega Santa Marta.
3º Premio- Joaquín Rebolledo Mencía de Bodega Joaquín Rebolledo.
As mencións especiais “viños doutras añadas” foron Joaquín Rebolledo Tinto Barrica de Bodega Joaquín Rebolledo, en primeiro lugar, e Escada Garnacha, de Adega Alán, en segundo lugar.
COMEZO OFICIAL DA XXIII EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO
Tivo lugar esta mañá coa intervención de autoridades e o pregón a cargo do actor e humorista Fede Pérez.
Espérase unha fin de semana moi concorrida e con gran ambiente, música de charangas animarán o recinto, haberá inchables para os pequenos, catas e un concerto do grupo local Los Íñigos pola noite para pechar a xornada.
FLORENCIO DELGADO PRESENTE NESTA EDICIÓN
Viño e cultura volven darse a man nesta XXIII edición da Feira do Viño do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras e cun protagonista claro: Florencio Delgado Gurriarán. É o seu ano e non podía faltar na cita que se celebra estA fin de semana 9 e 10 de xullo en Viloira. De feito, o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022 xa estivo presente na función teatral do pasado xoves no Teatro Lauro Olmo, cunha viaxe de música, palabra e imaxe a cargo de Arraianos Producións. E tamén o estará no propio recinto feiral onde se instalarán catro paneis multimedia creados pola mesma productora.
Estará presente no propio recinto feiral onde se instalarán catro paneis multimedia
A exposición, titulada "A Galicia Infinda de Florencio Delgado Gurriarán", é un percorrido pola vida e obra do autor, complementada con declaracións da súa familia. Cada panel, ademais de imaxes e texto, conta cun código QR a través do cal se poden ver vídeos breves onde as súas netas, netos, fillas e fillos lembran a Florencio. Segundo o comisario da mostra, Aser Álvarez, trátase "dun material moi valioso porque ves como a memoria de Florencio segue viva na súa estirpe, como se trasladou esa memoria familiar". Entre os audios recollidos, destaca un inédito de Delgado Gurriarán cantando e tocando a percusión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.