O Complexo Hostaleiro Paladium, emprazado en Vilamartín de Valdeorras, acolleu o venres 8 de xullo o acto de entrega de Premios da XXIII Cata Oficial da Feira dos Viños de Valdeorras. Participaron 20 adegas con 42 referencias, 22 brancas e 20 tintas. Esta fin de semana, 9 e 10 de xullo, ten lugar o evento vitivinícola na Praza de Viloira, no Barco de Valdeorras. Florencio Delgado estará presente nunha pequena exposición que amosará a súa vida e a súa obra en varios paneis multimedia.