Morre en México Cecilia Teixeiro, viúva de Florencio Delgado Gurriarán, protagonista do Día das Letras

Nada en Cuernavaca (México) en 1925 aínda que de orixe galega, contraeu matrimonio en 1944 co escritor de Valdeorras, que se exiliou no país americano tras fuxir de España despois da Guerra Civil.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2022 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

Cecilia Teixeiro, viúva do escritor Florencio Delgado Gurriarán, protagonista do último Día das Letras Galegas; faleceu aos 96 anos en Cidade de México.

Nada en Cuernavaca (México) en 1925 aínda que de orixe galega, contraeu matrimonio en 1944 co escritor de Valdeorras, que se exiliou no país americano tras fuxir de España despois da Guerra Civil.

Celia Teixeiro era filla de emigrantes coruñeses que se estableceron en México en 1939. O matrimonio coñeceuse cando ela traballaba nunha zapatería dun familiar e el exercía de representante dunha casa de zapatos.

A parella tivo cinco fillos nados entre os anos 1944 e 1955, tres dos cales estiveron presentes na homenaxe ao seu pai o 17 de maio na localidade natal do autor, Córgomo, do municipio ourensán de Vilamartín de Valdeorras.

A Real Academia Galega e o colectivo As Letras de Florencio manifestaron o seu pesar pola morte da viúva do último protagonista do 17 de maio.

Cecilia Teixeiro e Florencio Delgado Gurriarán. RAG
Cecilia Teixeiro e Florencio Delgado Gurriarán. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta