Gala músico-literaria en Verín para premiar o talento literario do alumnado

Será o vindeiro 26 de maio no Auditorio Municipal de Verín. No transcurso do acto recitaranse e leranse os poemas e narracións premiadas nos certames organizados polo concello co gallo do Día das Letras Galegas.

Por Galicia Confidencial | Verín | 24/05/2022 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

En total, trinta e seis alumnos e alumnas de catro centros educativos da comarca de Verín son finalistas no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, iniciativas que promove o Concello de Verín no marco das actividades programadas para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Casa do Concello de Verín
Casa do Concello de Verín | Fonte: XdL

Na gala músico-literaria, que terá lugar o vindeiro xoves 26 de maio no Auditorio Municipal de Verín, haberá un recital poético-musical con soporte audiovisual que terá como protagonista ao actor valdeorrés Paco Campos. Este artista musicará poemas de Florencio Delgado Gurriarán facendo un breve pero intenso percorrido por algúns dos versos máis representativos da vida e a obra do autor orixinario de Córgomo. No transcurso do acto recitaranse e leranse tamén os poemas e os relatos gañandores nos certames devanditos. 

PARTICIPACIÓN E PREMIOS 

No acto entregaranse premios de 90 euros (primeiros), 60 euros (segundos) e 30 euros aos terceiros clasificados en cada unha das tres modalidades dos dous certames literarios. Os premios en metálico están financiados integramente polo Concello de Verín, institución organizadora. A todos os finalistas entregaráselleS un diploma e un lote de libros, financiados polo Concello de Verín e Supermercados Gadis.

Os centros participantes este ano no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e no  Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez foron o CEIP Plurilingüe Amaro Refojo o Colexio Plurilingüe María Inmaculada, o IES Castro de Baronceli e o Colexio Apostólico Mercedario.

Á fase final dos certames chegaron un total de 36 persoas. No Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez pasaron un total de 19 narracións, 6 en Primaria, 5 en 1º e 2º de ESO e 8 en 3º e 4º de ESO. Finalistas do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro foron 17 os poemas finalistas, 4 de Primaria, 5 de 1º e 2º de ESO e 8 en 3º e 4º de ESO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta