Por E.P. | A Coruña | 16/05/2022 | Actualizada ás 16:41
Este martes, con motivo da celebración do Día das LetrasGalegas, o Concello da Coruña organiza unha lectura pública de textos de Florencio Delgado Gurriarán. No acto, que terá lugar na praza de María Pita, participará a alcaldesa, Inés Rey, que fará a primeira lectura.
A homenaxe comezará ás 11,45 horas, coa actuación do grupo musical da asociación Xacarandaina. Ás 12,00 horas comezará a lectura de diferentes textos do autor homenaxeado deste ano.
A primeira quenda será para a alcaldesa e tamén participarán as persoas que o desexen e outros membros da Corporación municipal. Tras o acto volverá actuar Xacarandaina para pechar a homenaxe.
Este martes haberá outras actuacións na cidade no marco dunha programación que continuará ata o 31 de maio con diferentes propostas de actividades gratuítas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.