O Concerto das Letras Galegas rende homenaxe a Florencio Delgado e ao exilio en México

O evento serviu para estrear a peza 'Diásporas', composta para a ocasión por Carme Rodríguez a partir dos textos de 'Galicia infinda', poemario referencial do autor.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 16/05/2022 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

O Concerto dás Letras Galegas celebrouse este luns no Teatro Loureiro Olmo, no Barco, que se encheu para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán --Vilamartín de Valdeorras, 1903 - Fair Oaks, 1987--.

A duodécima edición deste concerto que organiza o Consello da Cultura Galega (CCG), que é a antesala do Día das Letras, repasou musicalmente o legado do homenaxeado e lembrou a memoria dos exiliados en México, como foi o caso de Delgado Gurriarán.

O evento serviu para estrear a peza 'Diásporas', composta para a ocasión por Carme Rodríguez a partir dos textos de 'Galicia infinda', poemario referencial do autor.

Entre outros, asistiron a presidenta do CCG, Rosario Álvarez; os alcaldes do Barco, Alfredo García, e de Vilamartín, Enrique Álvarez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e a familia do homenaxeado.

"O legado de Florencio Delgado Gurriarán bota luz sobre un exilio non demasiado coñecido, o mexicano, no que se escribiu un capítulo non menor da historia europea", subliña Dores Vilavedra, membro do Consello da Cultura Galega.

Florencio Delgado Gurriarán.
Florencio Delgado Gurriarán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta