Publicadas as listas definitivas de selección temporal de diversas categorías do Sergas

Hai 4.600 persoas admitidas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2022 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obxectiva polas 4.628 persoas admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías do Sergas.

En concreto, trátase do persoal facultativo especialista de área de medicina do traballo, facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, odontólogo de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador social.

Conforme detallou a Consellería de Sandiade, a categoría con maior número de admitidos é a de fisioterapia, con 1.543. O 10,62% correspóndense con novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación no proceso. Só resultaron excluídas o 0,86% das solicitudes de participación.

As listas atópanse publicadas, a disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal.

Persoal do Sergas.. XUNTA - Arquivo
Persoal do Sergas.. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta