Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2022 | Actualizada ás 19:53
A responsable de Benestar Social da Deputación da Coruña, Ana Lamas, reclamou á Xunta que ceda á Asociación Párkinson Galicia-Coruña o local que emprega como sede social na rúa Xasmíns, na cidade herculina, polo que pagan un aluguer de 400 euros ao Instituto Galego da Vivenda e o Solo (IGVS).
Lamas visitou este martes a asociación e cualificou de "incomprensible" que este organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cobre unha renda "a unha entidade sen ánimo de lucro que desenvolve un gran labor" mentres os gobernos local e provincial "destinan axudas para apoar o seu funcionamento".
"O lóxico sería que a Xunta cedese gratuitamente o inmoble, xa que estes 400 euros mensuais son insignificantes para o IGVS pero para unha pequena entidade como esta representa un gasto importante nas súas contas anuais", asegurou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.