Por Europa Press / Redacción | Ourense | 14/07/2022 | Actualizada ás 17:48
O Concello de Ourense emitiu un comunicado no que recomenda prudencia no uso das instalacións termais durante a onda de calor.
A Concellaría de Termalismo lembra á cidadanía que as autoridades sanitarias recomendan non realizar actividades ao aire libre nas horas máis críticas de calor.
Así mesmo, o departamento que dirixe Flora Moure pide "precaución" nesta actividade e "respecto" nos tempos de uso das instalacións, co fin de evitar problemas de saúde aos usuarios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.