Por Europa Press / Redacción | MADRID | 14/07/2022 | Actualizada ás 21:47
O Pleno do Congreso aprobou este xoves o proxecto de Lei de Memoria Democrática, co respaldo de PSOE, Unidas Podemos, PNV Bildu, PDeCAT, Más País e Compromís, fronte ao 'non' do PP, Vox, Cidadáns, Junts e a CUP. Esquerra Republicana e o BNG optaron pola abstención porque aínda que aprecian avances, séguelles parecendo insuficiente. A norma continuará agora a súa tramitación no Senado con vistas a ser aprobada definitivamente á volta do verán.
Esta lei, que supón unha profundización na Lei de Memoria Histórica de 2007, foi aprobada en Consello de Ministros hai case un ano e tomada en consideración polo Congreso en outubro de 2021, pero dous meses despois meteuse na "neveira" ao non ver o Goberno suficientes apoios para sacala adiante, xa que á oposición do PP, Vox e Cs sumouse o rexeitamento inicial de ERC.
Foi o pasado mes de xuño cando o proxecto se sacou do caixón para reactivar a tramitación, unha vez que PSOE e Unidas Podemos achegaran posturas con outras formacións minoritarias. Así, a Lei de Memoria Democrática superou a fase de relatorio tras introducirse varias emendas pactadas con Bildu, PNV, o PDeCAT, Más País e Coalición Canaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.