Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/07/2022 | Actualizada ás 17:10
A onda de calor da última semana mantén as reservas hidráulicas de Galicia á baixa e sitúanse ao 55% da súa capacidade media. Isto supón case 20 puntos por baixo da media da última década (73,9%).
En concreto, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, Galicia conta nas súas concas con 2.043 hectómetros cúbicos embalsados, o que supón o terceiro descenso consecutivo neste mes de xullo.
Así, son 35 hectómetros cúbicos menos que o martes 12 de xullo, cando xa baixaran outros 13 hectómetros, polo que en dúas semanas perdéronse case 50 hectómetros cúbicos.
Deste xeito, as reservas hídricas galegas teñen nestes momentos 2.043 dos 3.714 hectómetros cúbicos de capacidade posible.
Por concas, a do Miño-Sil --a maior de Galicia-- sitúase ao 52,6% da súa capacidade, fronte ao 52,9% que tiña a semana anterior. Actualmente conta con 1.593 hectómetros cúbicos embalsados, fronte aos 1.604 da semana anterior e lonxe dos 2.205 de media do últimos dez anos.
Pola súa banda, Galicia Costa conta con 450 hectómetros cúbicos embalsados da súa capacidade de 684, é dicir, o 65,8% por cento. Así, sitúase tamén por baixo da media do últimos dez anos, que é de 540.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.