Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/07/2022 | Actualizada ás 10:13
Unha sendeirista que caeu na Capela (A Coruña) necesitou ser rescatada polos Bombeiros do Eume, segundo informa o 112 Galicia.
O equipo de intervención dos bombeiros evacuou nunha padiola a muller por unha senda, durante 700 metros, ata a ambulancia, onde foi atendida polos servizos sanitarios que, posteriormente, trasladárona a un centro hospitalario.
O 112 Galicia recibiu a alerta da situación da sendeirista a través do vixiante das Fragas do Eume. Segundo indicaba, a muller estaba ferida nun pé nas proximidades do mosteiro de Caaveiro, no lugar de Redondo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.