Por E.P. | A Coruña | 21/07/2022 | Actualizada ás 14:38
UB40, Tanxugueiras, Baiuca ou Dorian son algunhas das bandas que actuarán na 35 edición do Festival Noroeste Estrela Galicia que se celebrará do 10 ao 14 de agosto na Coruña. Baixo o lema 'Volvemos pisar a area!' o ciclo gratuíto conta con 49 concertos repartidos en dez espazos diferentes da cidade. Regresa á praia de Riazor tras dous anos de ausencia debido á pandemia e estrea como escenario o peirao de Transatlánticos.
Así o anunciou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, na presentación do festival celebrada este xoves. A rexedora destacou o "potentísimo" cartel desta edición. Con "pegada internacional" e "acento galego", contará "sobre todo, con presenza feminina" xa que presenta "23 propostas lideradas por mulleres". "Un Noroeste Estrela Galicia curioso e explorador que vai máis aló do circuíto comercial", apostilou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.