Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2022 | Actualizada ás 12:21
O Festigal 2022, organizado pola Fundación Galiza Sempre e Galiza Nova --a organización xuvenil vinculada ao BNG--, celebra este domingo 24 de xullo o seu 20 aniversario coas actuacións de Tanxugueiras, Banda da Loba, Familia Caamagno e Bratzantifa.
Tras o parón pola pandemia deste tradicional festival organizado con motivo da celebración do Día da Patria, o evento regresa ao campus sur de Santiago. Así mesmo, ademais das actuacións na noite do domingo, o luns celebran un café concerto con Alberto Mvundi, Os John Deeres, Berto e DJ Ferromona. Tamén actuará Pablo Díaz co espectáculo 'Tic-Tac' e Monicreques Cachirulo no espazo infantil.
Pero o festival non só contará con actuacións musicais ou teatrais, xa que tamén haberá postos de artesanía, zona de acampada, oferta gastronómica, librarías, galería de ideas e talleres infantís que completarán o evento, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e Estrella Galicia.
A organización destacou nun comunicado que o evento se converteu nunha "gran feira da cultura galega", con entrada gratuíta, que "dá a coñecer novas expresións artísticas e creativas para construír conciencia de país".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.