Sabes canto custa de media ao ano un traballador a unha empresa?

En Galicia o salario é menor ao da media do Estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2022 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

O custo total por traballador en Galicia, en termos brutos, é de 29.854 euros en 2021, o que supón un 4,2% máis que o ano anterior, segundo os datos que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres.

Esta cifra é uns 3.000 euros inferior á media do Estado, que se sitúa en 32.907 euros de custo bruto tras crecer un 5,6%, un punto máis que a alza galega.

Dentro dese custo bruto, o 73,2% correspóndense en Galicia con salarios, é dicir, 21.856 euros, mentres que o 24,1% restante son cotizacións á Seguridade Social (7.186 euros). En España o salario medio é de 24.249 euros, mentres que as cotizacións medias son de 7.712 euros.

De tal forma, o custo laboral medio por traballador en Galicia representou o 90,7% da media do país. En todos os sectores de actividade o custo en Galicia é inferior á media estatal, coa construción como o que presenta a menor diferenza.

Traballadores nun obradoiro de emprego . INE
Traballadores nun obradoiro de emprego . INE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta